Soberanía Dixital X: Fedifesta

Soberanía Dixital X: Fedifesta

O próximo venres 13 de marzo, ás 7 da tarde, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital XI: Festa do Fediverso.

O futuro das redes sociais e internet.

Na actualidade están a propoñerse preguntas do estilo de:

  • É boa idea prohibirlle o acceso a RRSS a menores de 16 anos?

  • Son adecuadas as medidas que propón tomar o goberno para a súa regulación?

  • Que solucións existen ante a preocupante situación das RRSS?

A nosa proposta desenvólvese neste contexto.

Encadrada na celebración das diversas opcións do Fediverso, é unha actividade pensada para ter unha visión xeral do que é este mundo libre en internet e como se adapta. Ó tempo, será representada a instancia de amarinha.gal como exemplo e caso de estudo no Fediverso, coas súas ofertas, puntos en común con outras instancias, orixinalidades e diferenzas.

Asemade, tamén se falará do Fediverso ante as novas leis en España e en Europa, e a limitación de liberdades.

Será presentada por José Manuel Ventoso, a quen acompañarán os membros de amarinha.gal.

Como en ocasións anteriores, estará a disposición dos asistentes un novo número do Fanzine do grupo. Este novo fanzine, ademais dos anteriores, pode ser consultado en blogs.amarinha.gal

A actividade é aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en mellorar o seu coñecemento sobre a posibilidade da propia soberanía tecnolóxica, e as implicacións para as nosas vidas.

6 days ago
Biblioteca de Ribadeo
Rúa de Antonio Otero, Porcillán, San Lázaro, Ribadeo, A Mariña Oriental, Lugo, Galicia, 27700, España
Add to calendar
Download flyer