Actividades de A Mariña
actividades.amarinha.gal ofrece unha axenda dixital ao tecido asociativo e as distintas organizacións culturais, políticas e sociais na comarca da mariña lucense.
Calquera coletivo pode rexistrarse e pendurar eventos, que aparecerán no calendario da web.
Normas
Os eventos estarán suxeitos a moderación e deberán cumprir as seguintes regras básicas:
- Non están permitida de ningunha maneira a participación de coletivos que vulneren dereitos humanos, e por extensión non se aceptarán contidos machistas, racistas, lgbtfóbicos, aporofóbicos nin ningún outro tipo de discriminación ou discurso supremacista.
- Non están permitidos os eventos comerciais (por exemplo, para promocionar un produto ou servizo comercial), nin os organizados por empresas con ánimo de lucro.
- Os eventos con temática política están permitidos en xeral, mais fican excluídos os mítins de campaña electoral en particular.
Sobre nos
Esta é unha web ofrecida polo coletivo amarinha.gal, usando a tecnoloxia libre de Gancio. Podes contactar con nos a traves de Mastodon na conta @admin@amarinha.gal