Soberanía dixital X: Administración eletrónica II

Soberanía dixital X: Administración eletrónica II

-O próximo venres 23 de xaneiro, ás 7 da tarde, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración. Unha actividade pensada para tomar o control do noso móbil e ordenador a través de ferramentas libres, instalada e comprendidas, así como dos máis indispensables programas/apps para relacionarnos coas institucións. Quen queira participar e teña algunha dúbida aínda está a tempo non só de asistir, senón tamén de facer propostas para instalar ferramentas ou apps concretas, para o que se propón a quen teña pensado asistir que transmita as súas necesidades e atendelas no posible, da instalación do programa de comunicación co SERGAS á petición de cita, ou á instalación de Chave365 ou o certificado dixital, por poñer varias posibilidades. Para transmitilas, pódese poñer en contacto con Mario Penelo ou outro dos membros de amarinha.gal, ou a través do correo mpenelo+soberaniadixital@gmail.com
A actividade, continuación da celebrada en decembro, será eminentemente práctica, coa instalación, comprensión e uso de dos programas e apps seleccionados. Nesta ocasión non se repartirá fanzine, máis si unha pequena relación de apps e programas libres e de uso recomendado, para a súa lembranza posterior á actividade.
Esta é a primeira actividade do ciclo impulsado polo grupo amarinha.gal, no ano 2026, despois das nove celebradas o ano pasado.
A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en mellorar o seu coñecemento sobre a posibilidade de optimismo tecnolóxico, e as implicacións para as nosas vidas.
Os locais da Biblioteca El Viejo Pancho, foron solicitados e concedidos polo concello para sucesivas presentacións e talleres sobre a necesaria a moitas veces esquecida soberanía dixital.

1 month ago
Biblioteca de Ribadeo
Rúa de Antonio Otero, Porcillán, San Lázaro, Ribadeo, A Mariña Oriental, Lugo, Galicia, 27700, España
Add to calendar
Download flyer