Soberanía Dixital VIII: Solarpunk, obradoiro de futuros optimistas

Soberanía Dixital VIII: Solarpunk, obradoiro de futuros optimistas

O venres 31 de outubro, ás 7 da tarde, a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (r/Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital VIII: Solarpunk. Taller de futuros optimistas Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a un raio de esperanza contestatario fronte á cada vez máis abafante apropiación da rede por compañías privadas e poderes institucionais.

A actividade consistirá nunha presentación, exemplos, reparto de fanzine e máis, incluído un coloquio no que participará toda persoa interesada. Esta é a oitava actividade do ciclo que se está a desenvolver ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da Biblioteca El Viejo Pancho, solicitados e concedidos polo concello para sucesivas presentacións e talleres sobre a necesaria a moitas veces esquecida soberanía dixital.

Como complemento, será repartido por amarinha.gal un novo fanzine en galego, neste caso con artigos relacionados cunha dinámica optimista de cara á integración da soberanía dixital nos nosos aparellos informáticos e nas nosas vidas.


A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas, interesadas en mellorar o seu coñecemento sobre a posibilidade de optimismo tecnolóxico, e as implicacións para as nosas vidas.

12 days ago
Biblioteca de Ribadeo
Rúa de Antonio Otero, Porcillán, San Lázaro, Ribadeo, A Mariña Oriental, Lugo, Galicia, 27700, España
Add to calendar
Download flyer