Soberanía Dixital IV: Blogs.Amarinha.gal

Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e
comprensión dunha ferramenta de difusión de coñecemento e creación como son os blogs. Esta charla-
taller e posterior coloquio é a cuarta actividade do ciclo que se desenvolverán ó longo de 2025, impulsado
polo grupo amarinha.gal, nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo concello a tal fin. Locais
solicitados e concedidos polo concello para sucesivas actividades. Neste caso, co obxectivo de difundir o
coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema como son os blogs que incide nas nosas posibilidades
de Soberanía Dixital.
Incluirá unha presentación, seguida dunha rolda de preguntas e algún exemplo práctico no que
se explorará algún modelo de blog dentro de amarinha.gal. Aínda que non necesario, é convinte traer o
propio portátil para así ter a posibilidade de iniciación alí mesmo dun blog propio.
Como complemento, disporase dun fanzine en galego de 8 páxinas en formato A5, con artigos
relacionados cos temas tratados na xornada.
A actividade está aberta, coa única limitación do aforo, a todas as persoas interesadas en
explorar ferramentas colaborativas de comunicación e coñecemento libre.