Percorrido guiado en Sargadelos

A visita dará comezo ás 11:00 horas e terá un prezo de 12 euros por persoa.

Guía tu día organiza o 31 de maio un percorrido guiado para descubrir a historia industrial e humana de Sargadelos

O vindeiro domingo, 31 de maio, a guía oficial Ana Pena, de Guía tu día, organizará unha visita guiada ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, no concello de Cervo, para coñecer de preto a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, impulsor do primeiro gran proxecto industrial de Galicia e unha das personalidades máis destacadas da Ilustración galega.

O itinerario permitirá coñecer o antigo complexo siderúrxico e de louza de Sargadelos e continuará polo histórico Camiño Real, seguindo ás beiras do río Xunco, clave para comprender o funcionamento das fábricas e a vida arredor de Sargadelos.

A proposta combina patrimonio, historia, industria e natureza nun paseo circular de dificultade baixa, pensado para todos os públicos e tamén pet friendly.
A visita dará comezo ás 11:00 horas e terá un prezo de 12 euros por persoa.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar reservas no teléfono 654 99 68 57.

Fonte: https://www.faroocionorte.com/noticia/guia-tu-dia-organiza-o-31-de-maio-un-percorrido-guiado-para-descubrir-historia-industrial-e

in 1 day
Sargadelos Cervo
Fábrica de Sargadelos, LU-P-1505, As Casetas, O Paraño, Sargadelos, Cervo, A Mariña Occidental, Lugo, Galicia, 27891, España
Add to calendar